Somos centro de fisioterapia dende 2004 en constante evolución. Temos como obxectivo a prestación dun servizo de calidade, desenvolvido con estilo propio e coa finalidade da plena satisfacción do cliente.
Contamos con máis de 20 anos de experiencia en fisioterapia, que se suma á nosa formación continua e a ansia de mellora das nosas capacidades.
A terapia manual é nosa seña de indentidade (estamos formados en osteopatía, quiropraxia, terapia mecánica Mckenzie e fisioterapia manipulativa articular). Complementamos os nosos tratamentos coa prescripción de exercicio terapéutico. Tamén realizamos outros tratamentos avanzados de acupuntura, electrolisis e punción seca xa que nos formamos con docentes recoñecidos internacionalmente. Cando é necesario as nosas valoracións compleméntanse co uso da ecografía.