Home » Acupuntura

Acupuntura

 - tambrefisioterapia

A acupuntura básase na aplicación de agullas en puntos específicos co obxectivo de influir sobre a melloría das enfermidades e o benestar do paciente.  Tamén se complementa co emprego de moxas e ventosas. 

A día de hoxe existe unha corrente internacional baseada na investigación e fundamentación dos tratamentos de acupuntura. Ben sexa como tratamento único ou como técnica complementaria, é posible ter resultados demostrables en certas patoloxías. 

Ademáis das aplicacións tradicionais das agullas, moxas e ventosas contamos  coa electroacupuntra, combinación da aplicación de electroterapia e acupuntura.  Mediante a inserción de agullas conectadas a un aparato de electroterapia,  consíguense resultados máis rápidos e efectivos  para algunhas doenzas. A  electroacupuntura é unha das nosas aplicacións de preferencia. 

A acupuntura require de adecuada hixiene da pel, un manexo exquisito das agullas e sobre todo un coñecemento moi amplio da anatomía. Se ben non é unha técnica perigosa, sí é preciso ter moi claro sobre que estructuras anatómicas se aplica a agulla a fin de non provocar lesións . Como fisioterapeutas temos experiencia e coñecementos anatómicos o suficientemente amplios como para o súa correcta aplicación. Actualmente temos realizadas formacións de acupuntura en España, Portugal, Iralanda e Canadá. Estamos certificados en Neuro-palpation e Neuro-acupuncture techniques polo Canadian College of Naturopathic Medicine de Toronto e as nosas formacións fixéronse con profesionales de referencia internacional

tambrefisioterapia